A
Deputación da Coruña leva a obra
"Silencio...vivimos" ao centro Pai Menni de Betanzos
*
A compañía de Blanca Marsillach fai unha posta en
escea que permite a interactividade cos usuarios do centro. Betanzos, 4 de octubre de 2011. A
vicepresidenta da Deputación da Coruña,
María Dolores Faraldo, presentou esta tarde as dúas funcións que
realizará a
compañía de Branca Marsillach en conxunto con Varela Producións da obra
“Silencio… Vivimos”, un espectáculo dirixido a persoas con minusvalía
física ou
mental. A primeira actuación tivo lugar hoxe tras a rolda de prensa no
centro
Pai Menni e a seguinte realizarase mañá no centro cívico do Concello de
Sada.
Durante a presentación da obra, a representante do organismo provincial
estivo
acompañada da directora da obra, Blanca Marsillach, e dos actores que
dan vida
ao texto. Ademais, tamén estiveron presentes a xerente do centro,
Inmaculada
Segarra, e algúns dos usuarios do Pai Menni que participaron
activamente no
trascurso da obra.
“Silencio…
Vivimos” é unha obra interactiva dirixida a persoas con algún
tipo de discapacidade intelectual, física ou sensorial, un proxecto
que,
ademais, trata de difundir os beneficios do teatro para os nenos. A
directora
da obra toma o nome da produción homónima protagonizada a finais dos
sesenta
por Adolfo Marsillach, o seu pai.
Blanca
Marsillach, na súa intervención, destacou en Betanzos o papel do arte
dramático como ferramenta á hora de construír ou reconstruír a
autoestima dunha
persoa. Porque, tal e como din os directores da obra na súa
presentación,
“vivir non é fácil, todos pretendemos ser o que non somos, actuamos
como
personaxes nunha obra, a vida, chea de momentos difíciles dacabalo
entre o aquí
e o mutis definitivo”.
Pola
súa banda, Inmaculada Segarra asegurou que para o seu centro
“iniciativas
como estas permiten aos nosos usuarios emocionarse como espectadores e
participar cos artistas”. Ademais, agradeceu á Deputación provincial o
seu
“apoio a estas iniciativas”. A directora Blanca Marsillach dixo estar
“encantada” de representar “Silencio… vivimos” ante os usuarios do
centro Pai
Menni. “Ojalá sea tan especial para vosotros como lo es para mí”,
explicou ante
os presentes. A
vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Dolores Faraldo, falou
dos
rapaces do centro como dun “exemplo para todos” pola súa maneira de
afrontar as
dificultades que teñen na vida. Ademais, recalcou a boa labor dos
traballadores
do centro e da iniciativa posta en marcha por Blanca Marsillach e a súa
compañía.