Noticias
Noticias

Noticias

Festividad Pai Menni 2013

20/04/2013

O pasado sábado 20 de abril, como xa ven sendo habitual, o centro Pai Menni de Betanzos, de atención a persoas con discapacidade intelectuaL, celebrou a festa na honra ó seu patrón San Benito Menni.

A FESTA PAI MENNI DE BETANZOS

“CELEBRACIÓN ENTRE AMIGOS”

O pasado sábado 20 de abril, como xa ven sendo habitual, o centro Pai Menni de Betanzos, de atención a persoas con discapacidade intelectuaL,  celebrou a festa na honra ó seu patrón San Benito Menni.

O tan esperado día comenzou cunha misa na igrexa de Santiago de Betanzos. Ata alí achegaronse numerosas persoas, persoal do Concello  entre os que estaba o señor alcalde e veciños da vila,  fíxose unha mención especial as duas traballadoras do Centro que este ano se xubilaron.  Logo de rematar a misa, os asistentes puideron disfrutar na Praza da Constitución da actuación do grupo folclórico Azougue,  que fixo que a todos nos entrara a fame despois de bailar con eles unhas pezas de  cancións tradicionais galegas. 

De seguido, desplazámonos ata o Pavillón Municipal cuberto do Carregal,  donde se serviu o xantar elexido polas usuarias do Pai Menni e do gusto de todos os asistentes. Esta comida rematou cun postre especial realizado para a ocasión polos cociñeiros do Centro.

As usuarias dos talleres ocupacionais elaboraron  unha bonita flor que levaron como agasallo todos os asistentes a festa.

Como non podía ser menos, o dúo  musical Caché amenizou unha tarde chea de bailes e risas.

Os asistentes á festa, que foron cerca de 340 persoas, entre os que se encontraban amigos, familiares, colaboradores, hermanas,  voluntarios, usuarios e monitores doutras asociacións,  usuarios do centro ... disfrutaron dunha tarde agradable compartindo anécdotas , historias, risas e bailes.

A tarde estivo tan animada que a festa rematou máis tarde do que se esperaba, xa que a xente non deixaba de bailar e pedir ó dúo que non rematara o seu repertorio. 

Todos esperamos con ansia que chegue a festa do ano que ven. O Centro  da as grazas a todos os asistentes por compartir con eles un día tan especial e importante para eles, e esperan velos de novo o ano que ven.